Por petición das alunas/es de ffotoeduca organízase este obradoiro básico sobre o manexo da cámara reflex para o mes de maio en formato híbrido (on-offline).

Constará de dúas sesións presenciais os sábados 14 e 21 de maio de 10:30 a 13:30 na Coruña, no local de “La Crisalida”, e dúas sesións online os venres 20 e 27 de maio de 18:00 a 20:00.

Nas sesións presenciais impartirase a formación teórico-práctica, e nas sesións online compartiremos os exercicios realizados e clarificaremos as dúbidas que poidan ter xurdido entre sesións.

Este é un curso de 10 horas de duración para todas aquelas persoas sen coñecementos ou con mínimos coñecementos de fotografía e do manexo dunha cámara reflex. Podería dar pé a outros módulos similares para continuar avanzando xuntas/es na parte máis técnica desta disciplina visual.

O custo total do curso é de 50€

Inscríbete a través deste formulario: Inscripción curso Fotografía nun Click AQUI

+ Info: ffoteduca@gmail.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *