Xa está aquí un ano máis o Obradoiro “Fotografía, Xénero e Diversidade: diálogos e aprendizaxes a través da imaxe”.

impartido coma en ediccións anteriores, pola docente Mariola Mourelo (ffotoeduca); organizado polo Espazo das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero do Concello da Coruña.

O obradoiro impartiráse todos os MÉRCORES de 18:00 hr. a 20:00 hr. de forma presencial, na sala multiusos do Centro Cívico Cidade Vella, dirección:

Espazo diverso (coruna.gal)

Datas do obradoiro: dende o 21 de abril ao 2 de Xuño de 2022.

É unha actividade gratuita e o aforo está limitado a 20 participantes (por medidas sanitarias).

preinscripción comeza o 18 de marzo e remata o 13 de abril ás 20:00 hr. e as persoas serán admitidas por orde de inscripción.

Podes facelo chamando ao Espazo Diverso de 10:00 hr.-13:30 hr. ou de 17:00 hr.-20:30 hr. e reservar a túa praza no telf.: 981 189 889 ou enviando un correo a espazodiverso@coruna.gal, co teu nome, apelidos e un teléfono de contacto.

CONTIDOS

Durante 7 sesións abordaremos a fotografía dende a perspectiva técnica, aprendendo o manexo básico da túa cámara, e dende a teoría e reflexión sobre a imaxe como medio de comunicación, creación e transformación de discursos persoais e políticos.

Coñeceremos a artistes e pensadores de diferentes partes do mundo a desafiar os límites e barreiras que a sociedade impón nas identidades interseccionais dende a perspectiva de xénero e feminista, creando novas realidades a través da propia existencia.

Non precisas dunha cámara específica, podes utilizar a que teñas na casa, un mobil e que utilices máis habitualmente. Adaptarémonos aos diferentes tipos, centrándonos nos principios básicos da luz e funcionamento da nosa máquina fotográfica.

Sesión 1: Introduccións á alfabetización visual con perspectiva crítica de xénero: Ler e escribir imaxes (21/04)

Sesión 2 e 3: Manexo da cámara fotográfica (28/04 e 5/05)

Sesión 4: A fotografía e a identidade de xénero e sexual (12/05)

Sesión 5 e 6: Proceso creativo: como contar historias visuais, exemplos e prácticas non-normativas (19/05 e 26/05)

Sesión 7: Conclusións e práctica final (2/06)

ffotoeduca é un proxecto de fotografía participativa que traballa dende a perspectiva da educación popular e feminista.

Para saber máis: www.ffotoeduca.com

Axúdanos a difundilo!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *