educación feminista a través da fotografía

Sobre ffotoeduca

Educación, feminismo e fotografía para entender o mundo

Se che gusta a fotografía e queres aprender a ler e escribir imaxes, ffotoeduca é para ti!

Nun mundo cada vez máis visual ler e escribir con imaxes é unha habilidade imprescindibel para entendernos a nós e ao mundo.

O meu nome é Mariola Mourelo Pérez, e levo con ffotoeduca dende o 2009 organizando formacións e espazos creativos para mulleres principalmente, pero tamén para grupos mixtos de adolescentes crianzas e adultes. 

Coa fotografía como base exploramos diferentes temáticas de interés, dende unha perspectiva de xénero e interseccional. O traballo en grupo, a reflexión individual e a exposición e celebración do traballo de tantas mulleres que antes e agora se dedican profesionalmente á fotografía, sendo parte da nosa memoria visual.

A alfabetización visual é unha das características de ffotoeduca, xunto coa pedagoxía utilizada, en que se aprende a ler imaxes, intepretando as mensaxes que estas transmiten e formando unha opinión crítica, como base para entender o mundo que nos rodea.

E por suposto, poñemos teoria e experiencia en marcha, coñecendo o uso dunha cámara, sexa á do mobil ou doutro tipo, co fin de crear as nosas propias respostas visuais.

En ffotoeduca o principal foco está en aprender para a vida, e aprender xuntas.

Formada en fotografía documental na Universidade de Gales, colexio de Newport, cun posgrau en educación artística para o ensino secundario no Instituto de Educación de Londres, prácticas como asistente de editora para a revista “Afterimage” do Visual Studies Workshop de Rochester, Nova Iorque. Teño realizado diversos cursos no ámbito da fotografía dixital, pedagoxía popular feminista e facilitación de grupos, continuamente actualizando coñecementos e prácticas.

 

Que podes facer con ffotoeduca?

En formato online, presencial ou on/offline podes adentrarte na cultura visual coas seguintes opcións:

1. FOTOGRAFÍA BÁSICA

Aprendemos os fundamentos básicos da fotografía, a luz, a composición, enfoque e edición cunha cámara de mobil ou reflex (semi-profesional).

2. FOTOGRAFÍA PARTICIPATIVA

A través de traballo individual e coletivo, exploramos os intereses do grupo, falamos sobre temas relevantes, e construimos respostas visuais propias utilizando a nosa cámara ou mobil.

3. FOTOGRAFÍA E FEMINISMO

Abordamos a teoría e a práctica de como as mulleres somos representadas polos medios de comunicación, e na historia en xeral, e coñecemos o traballo de fotógrafas que nos sirven como inspiración para o noso proceso creativo e de aprendizaxe.

Este curso supuxo descubrir novas fotógrafas que me inspiraron, aprender sobre feminismo e fotografía, e, sobre todo, conectar coas miñas emocións e compartir coa formadora e coas compañeiras as nosas sensacións, inquedanzas, opinións, curiosidades

Malaika,
aluna do curso "A través dos ollos das mulleres.

Clientela

Contáctame en ffotoeduca@gmail.com  ou chama ao 678 381 459