MARTES 12 DE XANEIRO 2021 ÁS 19:00 VIA ZOOM
Cada vez son máis coñecidas as fotografías que unha xoven fotógrafa estadounidense fixo das xentes e lugares da Galiza de principios de século XX.
Ruth Matilda Anderson deixóunos un legado visual que nos leva a un pasado no que nos podemos ollar e entender mellor quen somos.
Neste webinar gratuito e aberto a todas as identidades de xénero faremos un breve pero intenso percorrido por quen foi esta muller, como chegou á fotografía e que a trouxo ás nosas terras.
Tamén falaremos sobre as próximas formacións de ffotoeduca onde Ruth, dun ou outro xeito está presente.
Inscribirse neste link https://forms.gle/poPyN1XoU2WWe9xP6