Cada vez son máis coñecidas as fotografías que unha xoven fotógrafa estadounidense fixo das xentes e lugares da Galiza de principios de século XX.
galiza
Carmen cun mandil, perfil
O ollar desta muller crávaseme no corazon. Un ollar calmo, firme e ata curioso que narra quen é ela, cal é a súa historia e xeito de vivir a vida que lle tocou. Un ollar que parece berrarme a min tamén quen sou eu, e de onde veño.