Obradoiro de fotografía “Xenero e Diversidade” no centro LGTBIQ+ “Espazo Diverso” da Coruña

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA “XÉNERO E DIVERSIDADE: Diálogos e aprendizaxes a través da imaxe” organizado polo Espazo municipal das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero do Concello de A Coruña.

Datas: todos os xoves dende o 29 DE OUTUBRO ata 10 DE DECEMBRO

Formato presencial para poder participar precisas de inscripción previa, o prazo comeza o 8 de outubro (+info no propio cartaz)

Durante 7 sesións de dúas horas os xoves de 18:30 a 20:30 aprenderemos a analisar as imaxes cun ollar crítico e transformador, os principios básicos do manexo da cámara fotográfica, sexa esta a cámara dun mobil ou máis complexa, e a crear as nosas propias narrativas visuais ao mesmo tempo que dialogamos sobre un mundo real e diverso onde todas, todes e todos estamos presentes.

Para ffotoeduca é un pracer ter a oportunidade de participar deste proxecto e espero que nos vexamos mui prontiño para ollar e facer imaxes xuntes.

Inscripcións e informacións en 981 189 889 – espazodiverso@coruna.es