sobre min

Son Mariola Mourelo Pérez e desenvolvo ffotoeduca desde 2009, un proxecto de educación e creación arredor da fotografía participativa e os feminismos.

A miña formación en Fotografía Documental na University of Wales, Newport foi o punto de partida dunha traxectoria centrada desde o inicio nas posibilidades da fotografía participativa como ferramenta de educación, expresión e transformación social.

ffotoeduca quer explorar a través da imaxe fotográfica experiencias, identidades e realidades diversas desde unha perspectiva feminista e interseccional.

Constitúe unha abordaxe metodolóxica con referencias como a educación popular, a fotografía crítica e o feminismo na que se combina creación individual e colectiva, reflexión, diálogo e experimentación coa imaxe. Trabállase a partir das experiencias e intereses das propias persoas participantes, creando espazos para dialogar, compartir, cuestionar e construír relatos propios.

A alfabetización visual é unha das características de ffotoeduca, xunto coa pedagoxía utilizada, en que se aprende a ler imaxes, intepretando as mensaxes que estas transmiten e formando unha opinión crítica, como base para entender o mundo que nos rodea.

E por suposto, ponse teoria e experiencia en marcha, coñecendo o uso dunha cámara, sexa á do mobil ou doutro tipo, co fin de crear  respostas visuais propias.

En ffotoeduca o principal foco está en aprender para a vida, e aprender en coletivo.

“Coñeceremos a artistas e pensadoras de diferentes partes do mundo a desafiar os límites e barreiras que a sociedade impón, creando novas realidades a través da propia existencia.”
Exemplo,
alumna do curso:
Fotografía, Xénero e Diversidade en Compostela con Intered Galiza
“Para mim foi mui enriquecedor achegar-me à obra de mulheres fotógrafas de origens, épocas e contextos tam diversos, e especialmente poder pôr em comum as minhas percepçons e ouvir as do resto de companheiras; ler imagens é umha ferramenta fundamental hoje em dia na nossa sociedade.”
Charo,
alumna do curso:
Fotografía, Xénero e Diversidade en Compostela con Intered Galiza