Investigación e
creación feminista
ffotolab é unha nova liña de ffotoeduca dedicada á investigación, a experimentación e a creación arredor da fotografía e os feminismos.
Un laboratorio en construción onde se cruzan arquivos, imaxes, metodoloxías e saberes para investigar, crear e explorar outras formas de ollar e representar.
ffotolab produce preguntas, investigacións e materiais.
ffotoeduca activa procesos educativos e participativos a partir deles.