Encontros para ollar con calma

Fotografía Devagar é un curso de iniciación á fotografía pensado para aprender sen presa, desde a práctica, a observación e o compartir.

É unha proposta para persoas que:

  • non teñen experiencia previa en fotografía,
  • queren volver ás bases,
  • ou buscan aprender fotografía con calma, fóra da lóxica da produtividade e da perfección.

Durante catro encontros traballaremos o ollar a través da cámara, a luz, a composición e o tempo, con exercicios sinxelos, práctica guiada e espazos de posta en común das imaxes. A fotografía enténdese aquí non só como técnica, senón tamén como experiencia compartida e proceso de aprendizaxe colectiva.

O curso está inspirado no enfoque de ffotoeduca, onde a fotografía é ferramenta educativa, espazo de encontro e medio para pensar xuntas desde o visual.

ADVERTENCIA: Este curso non ten como obxectivo sair como unha fotógrafa/o con técnica profesional. De cada área aprenderemos dicas básicas que se poden aplicar no día a día. Priorizarase utilizar a técnica para apoiar o disfrute do acto emocional, persoal e crítico de fotografar.

CONTIDOS:

Sesión 1 · Ollar a través da máquina

Eixe: parar, observar e coñecer a máquina

  • Treinar a observación como principio da fotografía.
  • Familiarízate coa máquina e como aproveitar as súas posibilidades.
  • Práctica guiada durante a sesión.
  • Desafíos fotográficos entre sesións para experimentar e treinar o ollar.
Sesión 2 · A luz

Eixe: ver e comprender a luz

  • Observar como cambia a escena segundo o tipo de luz.
  • Aprende a “ler” a luz antes de disparar.
  • Práctica guiada durante a sesión.
  • Desafíos fotográficos entre sesións para poñer en práctica a observación da luz.
Sesión 3 · Composición e encadre

Eixe: seleccionar e contar a túa historia visual

  • Inspírate e imaxina o que queres expresar.
  • Aprende sobre encadre, composición, punto de vista e intención visual.
  • Práctica guiada durante a sesión.
  • Desafíos fotográficos entre sesións para crear pequenas historias fotográficas.
Sesión 4 · Movemento

Eixe: tempo, ritmo e movemento

  • Observa o que cambia e aprende a capturalo.
  • Técnicas para fotografar movemento: do corpo, da escena, etc.
  • Práctica guiada durante a sesión.
  • Desafíos fotográficos entre sesións para explorar o dinamismo nas imaxes.

Datas e formato

  • Domingos, do 1 ao 23 de marzo (4 sesións consecutivas)
  • Horario: 11:30–13:30
  • Lugar: A Coruña · Manchea (Avda. Navarra 46, baixo)
  • Grupo reducido, para coidar os procesos e o acompañamento
  • Cámara ou móbil (non é necesario equipo profesional)

Ao remate do curso poderá xurdir unha proposta opcional post-Páscoa para revisar e celebrar o traballo realizado durante as semanas posteriores ao curso.

Inscricións

  • Prezo: 120 €
  • Prezo reducido: 100 € para inscricións e pagamento realizados antes do 21 de febreiro

Para máis información podes escribir a ffotoeduca@gmail.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *