Please or Register to create posts and topics.

Comentar imaxe da unidade 2

Que emocións che transmite?

Cal é a mensaxe? Quen é esta persoa? Que fai?

Que relación cres que tiña coa persoa que fai a fotografía? Coñecíanse? Porque lle fixo esta fotografía?

Para as que asistíchedes á sesión 2, e as que xa consultáchedes a unidade, que vos apetece comentar sobre a imaxe e a fotógrafa?

Uploaded files:
  • You need to login to have access to uploads.

Na imaxe vexo unha muller cunha mirada que bascula entre a resignación e a loita. A maternidade no contexto da fame, do baleiro… ela como centro hipnótico dunha tarde de miseria.

A poesía/impacto visual da foto para min, está en non ensinar as miradas dos fillos/as/cativos/as… en descifrar se a herdanza desa ollada se está facendo eco entre as liñas de expresión dos seus ollos de infancia.

Nela como escudo.

Como refuxio.

 

Admin and MariaP have reacted to this post.
AdminMariaP

Esta foto transmíteme desolación. Con esta mirada profunda e valeira, paciente, sen presa... As crianzas de costas, apoiadas a muller que semella ser a súa nai, parecen buscar refuxio ao mesmo tempo que a consolan. É unha imaxe triste que mostra un pouco da situación  na que se encontraba unha gran parte da poboación estadounidense en consecuencia da crise.

MariaP has reacted to this post.
MariaP

Basicamente, comparto as impresións das compañeiras.

A foto transmíteme resignación e pobreza, unha mirada á nada, ensimismada nos seus pensamentos. Trátase dunha muller que se atopa nunha situación de crise vital que da acougo e calor ás crianzas que sostén.

Non creo que tivera relación coa fotógrafa, parece un roubado. A fotógrafa intentaba mostrar a relacidade dunha crise e cunha mirada feminista.