ffotoinfusións feministas: conversas feministas sobre a fotografía

Cada sesión constará dun encontro virtual, onde se introducirá o tema do mes, cunha parte teórica e práctica, e unha parte de troca de opinións e experiencias; e dunha unidade didática específica, accesibel na plataforma ffotoeduca, coa que podereis traballar á vontade durante as 4 semanas ata a seguinte sesión.

O traballo será independente mas coa asistencia da formadora se precisar.

Pioneiras da fotografía na Galiza

Coñecer algunhas das mulleres que fixeron da fotografía a súa profesión durante finais do século XIX e inicio do século XX na Galiza.

As mulleres fotográfanse

Veremos o traballo de diferentes fotógrafas utilizándose a si propias como suxeitos visuais.

Facendo click á violencia machista

Unha sesión especial na que trataremos con cuidado narrativas fotográficas que exploran a violencia contra as mulleres.


Let’s build something together.