Escola online

A escola online de ffotoeduca oferece cursos de temática feminista, de xénero e diversidade sexual.


CURSOS ATUAIS

ffotoinfusións feministas: conversas feministas sobre a fotografía

Entra o outono e os días fanse mais curtos e máis frescos. Os paseos terminan algo máis cedo e fican unhas horas das tardiñas coa luz ambar a nos tocar a pel, en que nos apetece preparar un café ou un té ben quentiño e conversar, como non sobre fotografía.

Tendo en conta o axitado que está a ser o início de curso, propóñovos unha atividade mensal online, en que exploraremos xuntas tres aspectos da fotografía feita por e para mulleres.

Metodoloxía: Cada sesión constará dun encontro virtual, onde se introducirá o tema do mes, cunha parte teórica e práctica, e unha parte de troca de opinións e experiencias; e dunha unidade didática específica, accesibel na plataforma ffotoeduca, coa que podereis traballar á vontade durante as 4 semanas ata a seguinte sesión.

O traballo será independente mas coa asistencia da formadora se precisar.

PROGRAMA

Os cafés virtuais serán os seguintes domingos de 18:00 a 20:00 via zoom:

Sesión 1: As pioneiras da fotografía na Galiza – Café Virtual o 11 de outubro 2020

Coñecer algunhas das mulleres que fixeron da fotografía a súa profesión durante finais do século XIX e inicio do século XX na Galiza.

Sesión 2: As mulleres fotográfanse – Café Virtual o 8 de novembro 2020

Veremos o traballo de diferentes fotógrafas utilizándose a si propias como suxeitos visuais.

Sesión 3: Facendo click á violencia machista – Café Virtual o 13 de decembro 2020

Unha sesión especial na que trataremos con cuidado narrativas fotográficas que exploran a violencia contra as mulleres.

Sesión 4: Fin de curso – Café Virtual o 10 de xaneiro 2021

Espazo final de revisión das 3 propostas temáticas e visionado dos traballos das alunas.

Esta proposta é deseñada especificamente para identidades de mulleres.

Prezo: 40€ por todas as sesións / 15€ por sesión

O curso completo inclúe 4 encontros virtuais + 3 unidades didácticas + apoio da formadora.

As sesións individuais inclúen 1 encontro virtual inicial + 1 unidade didáctica + apoio da formadora, pero sen feedback grupal.

Inscripción: https://forms.gle/WeCu8bgAmGmpkCNo6


Ábrese a Escola de Verán 2020 co curso online “A través dos ollos das mulleres”.

Abordaremos o traballo de catro mulleres fotógrafas dende a perspectiva da observación da identidade das outras e da propia. Veremos como as fronteiras entre o “eu”, o “vós” e o “nós” poden ser marcadas e diluídas nunha mesma imaxe.

Esta formación está dirixida tanto para persoas con coñecimentos previos na fotografía como as que se aproximan a esta disciplina por primeira vez, e o queiran facer dunha perspectiva crítica e feminista.

O curso inicará o 27 de xullo e finalizará o 4 de setembro de 2020, deixando dúas semanas máis de acceso libre, até o 20 de setembro, para todas as alunas.

Programa do curso:

Semana 1 – Unidade 1: As mulleres galegas de inícios do s.XX

Semana 2 – Unidade 2: Memoria e diáspora

Semana 3 – “Catch-up/Poñerse ao día” e Café Virtual 1

Semana 4 – Unidade 3: A propiedade do corpo

Semana 5 – Unidade 4: A coletividade documentada

Semana 6 – “Catch-up” e Café Virtual 2

Semanas 7 & 8 – Aceso libre e avaliación

Cada unidade consta de catro partes: leitura de imaxes e reflexión individual, teoría e historia, tarefas teorico-prácticas, e espazo de visualización e leitura coletiva.

Cada dúas unidades faremos un Café Virtual, a través de videoconferencia, onde nos poderemos coñecer e compartir as opinións, dúbidas e experiencias sobre as mesmas.

Tes dúas opcións para seguir o curso:

A. Acompañada : 40€ – non mixto

Este vai ser un formato semi-tutorizado, en que seguiremos un camiño conxunto, coa posibilidade de compartir impresións e experiencias, e ter un feedback grupal regular.

Inclúe 2 cafés virtuais de hora e media, a feedback e apoio durante as 4 unidades do curso, xestionando as imaxes e comentarios para ser compartidos co grupo.

No final da formación, e tendo completado un mínimo do 75% da mesma, darase un certificado de participación, expedido por ffotoeduca.

Está dirixido a mulleres

B. Autónoma : 25€ – mixto

Para quen prefira simplemente ter acceso aos materiais e traballalos pola súa conta, pode facelo asinando por esta opción.

Neste formato haberá recordatorios semanais sobre as unidades e progreso recomendado do curso, e a aluna poderá deixar comentarios nos espazos disponibeis do blog.

Porén, o resto de servizo de acompañamento, feedback, cafés virtuais e certificado non estarán incluídos. No caso da aluna querer acceder a algún deles poderá consultar prezos e condicións coa formadora.

Está dirixido a todas as identidades de xénero

Podes inscribirte xa enchendo este FORMULARIO


A través dos ollos das mulleres

1 ao 30 de Xuño 2020

Neste seminario abordaremos o traballo de catro mulleres fotógrafas dende a perspectiva da observación da identidade das outras e da propia. Veremos como as fronteiras entre o “eu”, o “vós” e o “nós” poden ser marcadas e diluídas nunha mesma imaxe.

Este vai ser un formato semi-tutorizado, en que seguiremos un camiño conxunto, coa posibilidade de compartir impresións e experiencias, e ter un feedback grupal regular. Porén, quen non poidera seguir o ritmo semanal poderá igualmente tirar probeito dos materiais e ir avanzando ao seu paso.

Todos os materiais ficarán accesibeis ata o 15 de xullo de 2020.

Este curso é unha experiencia piloto só disponibel para antigas alunas de ffotoeduca

INSCRIPCIÓNS FECHADAS – CURSO COMPLETO