A Escola de verán de ffotoeduca propón unha formación diversa e dinámica por volta dos temas da fotografía, a educación e o feminismo.

Este ano a escola terá unha parte virtual facilitando que mulleres de diferentes localidades podan participar, e unha parte presencial en forma de roteiros que desta vez será na cidade da Coruña.

A escola dividiráse por volta de dúas semanas, unha en xullo e outra en agosto, constando cada unha delas dun ffotowebinar, gratuíto e mixto, e dúas actividade con custo, un curso de 10 horas de luns a venres (non mixto) e un roteiro presencial no sábado despois do curso (mixto).

Prezos e descontos:
Os ffotowebinars son gratuítos, só tes que inscribirte. Os cursos teñen un custo de 50€, cun desconto do 15% se reservas os dous. E os roteiros son a 10€, con un desconto do 10% se reservas os dous.

Inscripción:

A reserva das actividades, exceptuando os ffotowebinars, é por orde de inscripción e pagamento. Admitaranse cancelacións, con reintegro total ata 7 días antes da actividade só.

Podes inscribirte cubrindo este formulario: Inscripcións Escola de Verán 2021 (fai click aqui)

Calquera dúbida que teñas escribe a ffotoeduca@gmail.com ou chama ao 678 381 459

PROGRAMA XULLO

Anna Atkins: a precursora da fotografía científica. (ffotowebinar)

Martes, 13 de xullo ás 20:00 – ONLINE

Atividade gratuíta e aberta a todo público na que coñeceremos a Anna Atkins e o seu traballo de ilustración de libros e catálogos botánicos coa técnica da cianotipia, precursora da fotografía.

Para esta atividade é necesaria inscripción. Podes cubrir o formulario seleccionando só o ffotowebinar, e recibirás un recordatorio e links de acceso ao mesmo.

ACCESO AO WEBINAR NESTE LINK DE ZOOM https://us02web.zoom.us/j/88453417082?pwd=bzJvMzM1UWlMemM0SjJLRWNGZlBzdz09

ID da reunión: 884 5341 7082Seña de aceso: 357870

Unha herstoria da fotografía. (curso)

Luns 19 a venres 23 de xullo de 11:00 a 13:00 – ONLINE

Adoptando o termo anglosaxon “herstoria” que fai referencia á reivindicación dunha historia contada dende a perspectiva das mulleres, navegaremos nunha introduccións dos momentos máis representativos do desenvolvemento da técnica e disciplina fotográfica.

Este é un curso cunha parte teórica e unha parte de aprendizaxe-reflexiva individual e grupal. Ven preparada para participar, sempre num espazo seguro e cordial, adaptado aos diferentes ritmos e sentires.

Mulleres industriais da Coruña. (roteiro)

Sábado 24 de xullo ás 11:00 – PRESENCIAL

Un paseo contado a través das imaxes pasadas e presentes da historia laboral das mulleres coruñesas no século XIX.

Tomando como referencia a fábrica de tábacos coñeceremos as luces e sobras de como foron eses espazos de traballo remunerado en que as mulleres experimentaron, algunhas por primeira vez, autonomía económica e organización socio-laboral.

Calcúlase unha duración, nun ritmo tranquilo facendo diferentes pausas de 1h30.

PROGRAMA AGOSTO

Shirin Neshat: arte, política e feminismo transnacional (ffotowebinar)

Mércores, 18 de agosto ás 20:00 (posposto – pendente de nova data) – ONLINE

Atividade gratuíta e aberta a todo público na que coñeceremos a Shirin Neshat, artista multidisciplinar de orixe iraniano. O controverso e incómodo traballo de Shirin será o punto de partida para esta segunda parte da Escola de Verán dedidcado ao feminismo.

Para esta atividade é necesaria inscripción. Podes cubrir o formulario seleccionando só o ffotowebinar, e recibirás un recordatorio e links de acceso ao mesmo.

Fotografía Feminista Agora! (curso)

(posposto – pendente de nova data)– ONLINE

Que é a fotografía feminista? É a fotografía feita por mulleres feminista por natureza? É necesaria, aínda?

Estas e outras preguntas serán abordadas neste curso onde coñeceremos propostas clásicas, pero tamén contemporáneas dunha fotografía que coloca no centro o cuestionamento visual sobre o xénero.

Este é un curso cunha parte teórica e unha parte de aprendizaxe-reflexiva individual e grupal. Ven preparada para participar, sempre num espazo seguro e cordial, adaptado aos diferentes ritmos e sentires.

Fronteiras agro-urbanas (roteiro)

(posposto – pendente de nova data) – PRESENCIAL

Un paseo contado a través das imaxes pasadas e presentes do desenvolvemento do barrio da Agra da Coruña,

Visitaremos esta amalgama de culturas a espazos entre o rural e o urbano que conviven tanto como se confrontan.

Calcúlase unha duración, nun ritmo tranquilo facendo diferentes pausas de 1h30.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *