Servizos

ffotoeduca ofrece formacións e atividades educativas para tratar temáticas diversas desde a perspectiva feminista e de xénero utilizando como elemento distintivo a fotografía.

Utilízase unha metodoloxía participativa que leva ao alunado por un proceso de aprendizaxe cuidado e creativo, onde a súa voz persoal se encontra co grupo, sendo a práctica e o diálogo as principais ferramentas utilizadas.

Obradoiros desde 3 horas a 24 horas adaptados ás necesidades e intereses do grupo onde aprendemos a ollar imaxes, coñecemos sobre a técnica e historia da fotografía, e nos iniciamos no manexo da cámara, sexa esta a dun mobil ou profesional.

Tamén se dan palestras sobre a experiencia do ffotoeduca, así como sobre temas específicos sobre fotografia, feminismo, participación social e educación.

Algúns exemplos de temáticas tratadas son: memoria das mulleres, contrapublicidade non-sexista, creatividade e feminismo, introducción á fotografía, mulleres fotógrafas, diversidade e cultura visual, etc.

Teño realizado cursos para unha diversidade de grupos por idade e xénero, tanto en espazos auto-xestionados como centros escolares ou institucións municipais.

Para coñecer máis e conversar sobre propostas podes contactarme no 678 381 459 ou fotoeducagaliza@gmail.com