Nova edición do curso “Fotografía, Xénero e diversidade” organizado polo Espazo Diverso, oficina LGTBIQ+ do Concello da Coruña.

Comezaremos o próximo 21 de abril de 18:00 a 20.00 en formato online.

Durante 7 sesións abordaremos a fotografía dende a perspectiva técnica, aprendendo o manexo básico da túa cámara, e dende a teoría e reflexión sobre a imaxe como medio de comunicación e transformación.

Coñeceremos a artistas e pensadoras de diferentes partes do mundo a desafiar os límites e barreiras que a sociedade impón, creando novas realidades a través da propia existencia.

Non precisas unha cámara específica, podes utilizar a que teñas na casa e que utilices máis habitualmente. Adaptarémonos aos diferentes tipos, centrándonos nos principios básicos da luz e funcionamento da nosa máquina fotográfica.

O curso é gratuíto pero as prazas son limitadas, así que inscríbete agora chamando ao teléfono 981 189 889 ou envíando email a espazodiverso@coruna.es

Contidos do curso:

Sesión 1: Introducción á alfabetización visual: Ler e escribir imaxes
Sesións 2 e 3: Manexo da cámara fotográfica
Sesión 4: A fotografía e a identidade de xénero e sexual
Sesións 5 e 6: Proceso creativo: como contar historias visuais.
Sesión 7: Conclusións e práctica final.

Datas do curso: mércores 21 e 28 de abril, 5, 12, 19 e 26 de maio, e 2 de xuño de 18:00 a 20:00 online.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *