A atividade de fotografía participativa e xénero coa mocidade de Ribadeo foi un total pracer. Principalmente pola rapazada que viñeron puntuais, se comportaron de marabilla e aplicaron sen medo o que aprendimos durante o obradoiro.
Está claro que estas novas xeracións veñen co chip visual e tecnolóxico integrado.
Utilizamos as cámaras dos mobiles, que hoxe en día nos permiten moitas opcións, axilidade e accesibilidade para enfocarnos na luz, composición, mensaxe… e xa despertou o curso en algunhas persoiñas a curiosidade polas cámaras “de verdade”.
Tamén foi un pracer o coidado e atención das organizadoras da atividade, do Concello de Ribadeo e o interesante espazo onde nos reunimos, a Casa do Mar, antigo cárcere de Ribadeo.
Ribadeo en sí é unha beleza, e admirabel a conservación do centro histórico. Un exemplo a seguir.
Aqui vos deixo algunhas imaxes da atividade. Espero voltar se non o próximo veráo, antes.