Cada vez son máis coñecidas as fotografías que unha xoven fotógrafa estadounidense fixo das xentes e lugares da Galiza de principios de século XX.

educación feminista a través da fotografía
educación feminista a través da fotografía
Cada vez son máis coñecidas as fotografías que unha xoven fotógrafa estadounidense fixo das xentes e lugares da Galiza de principios de século XX.
Nunha visita de verao á casa da miña prima no Courel vin esta imaxe que me fixo pensar no curso “A través dos ollos das mulleres” e de outros en que xunto coas alunas aprendemos e compartimos imaxes da nosa memoria.
O ollar desta muller crávaseme no corazon. Un ollar calmo, firme e ata curioso que narra quen é ela, cal é a súa historia e xeito de vivir a vida que lle tocou. Un ollar que parece berrarme a min tamén quen sou eu, e de onde veño.
Así como aprendemos a ler e a escribir, faise necesario nunha educación do século XXI ter uns coñecementos básicos sobre como “ler” e “escribir” visualmente.
Souben nese momento que nacera ffotoeduca, aínda sen nome e sen saber como e onde ía encaixar, mas aí estaba con claridade e para ser xa parte da miña vida.