Novo curso online. ffotoinfusións feministas

Entra o outono e os días fanse mais curtos e máis frescos. Os paseos terminan algo máis cedo e fican unhas horas das tardiñas coa luz ambar a nos tocar a pel, en que nos apetece preparar un café ou un té ben quentiño e conversar, como non sobre fotografía.

Tendo en conta o axitado que está a ser o início de curso, propóñovos unha atividade mensal online, en que exploraremos xuntas tres aspectos da fotografía feita por e para mulleres.

Metodoloxía: Cada sesión constará dun encontro virtual, onde se introducirá o tema do mes, cunha parte teórica e práctica, e unha parte de troca de opinións e experiencias; e dunha unidade didática específica, accesibel na plataforma ffotoeduca, coa que podereis traballar á vontade durante as 4 semanas ata a seguinte sesión.

O traballo será independente mas coa asistencia da formadora se precisar.

PROGRAMA

Os cafés virtuais serán os seguintes domingos de 18:00 a 20:00 via zoom:

Sesión 1: As pioneiras da fotografía na Galiza – Café Virtual o 11 de outubro 2020

Coñecer algunhas das mulleres que fixeron da fotografía a súa profesión durante finais do século XIX e inicio do século XX na Galiza.

Sesión 2: As mulleres fotográfanse – Café Virtual o 8 de novembro 2020

Veremos o traballo de diferentes fotógrafas utilizándose a si propias como suxeitos visuais.

Sesión 3: Facendo click á violencia machista – Café Virtual o 13 de decembro 2020

Unha sesión especial na que trataremos con cuidado narrativas fotográficas que exploran a violencia contra as mulleres.

Sesión 4: Fin de curso – Café Virtual o 10 de xaneiro 2021

Espazo final de revisión das 3 propostas temáticas e visionado dos traballos das alunas.

Esta proposta é deseñada especificamente para identidades de mulleres.

Prezo: 40€ por todas as sesións / 15€ por sesión

O curso completo inclúe 4 encontros virtuais + 3 unidades didácticas + apoio da formadora.

As sesións individuais inclúen 1 encontro virtual inicial + 1 unidade didáctica + apoio da formadora, pero sen feedback grupal.

Inscripción: https://forms.gle/WeCu8bgAmGmpkCNo6

Autor: Mariola Mourelo Pérez

Sou fotoeducadora desde a perspectiva feminista

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s