educación feminista a través da fotografía

ffotoeduca é un proxecto educativo onde a través da fotografía creánse espazos de reflexión e aprendizaxe individual e grupal desde unha perspectiva feminista e inclusiva.

QUEN SOU?

Mariola Mourelo, licenciada en fotografía documental e cun posgrao en educación artística para o ensino secundario no Reino Unido, con máis de dez anos de experiencia traballando no sector público e privado na Galiza.

Calidade, atención personalizada, feminismo e pedagoxía crítica e colaborativa son os principais valores de ffotoeduca.