A escola online e presencial de ffotoeduca oferece cursos de temática feminista, de xénero e diversidade sexual.
PRÓXIMOS CURSOS

O curso básico de ffotoeduca, co que iniciei este proxecto hai máis de dez anos, agora, por primeira vez online.
Tres horas en que aprenderemos que é iso de ler e escribir coas imaxes, compartiremos experiencias como mulleres, e perderemos, polo menos un pouquiño o medo á cámara fotográfica.
Anímate con este curso introductorio en que fotografía, feminismo e educación, van da mán.
Terá lugar online o domingo 10 de xaneiro, de 10h a 13h, a un prezo de 30€
Inscríbete xa AQUI

Esta formación está dirixida tanto para persoas con coñecimentos previos na fotografía como as que se aproximan a esta disciplina por primeira vez, e o queiran facer dunha perspectiva crítica e feminista.
O curso iniciará o 17 de xaneiro e finalizará o 28 de febreiro de 2021.
Constará de 4 unidades didácticas, 5 sesións virtuais en domingo de 18:00 a 20:00 e 8 semanas en total de acceso libre á plataforma online.
As sesións virtuais serán a través da plataforma Zoom, e nelas introduciremos cada unha das 4 unidades do curso, e veremos os traballos realizados durante o curso.
O prezo do curso é de 65€.
Podes inscribirte xa enchendo este FORMULARIO
Programa do curso:
17 de xaneiro – Sesión virtual 1.
Semana 1 – Unidade 1: As mulleres galegas de inícios do s.XX.
24 de xaneiro – Sesión virtual 2
Semana 2 – Unidade 2: Memoria e diáspora
Semana 3 – Semana de estudo autónomo
7 de febreiro – Sesión virtual 3
Semana 4 – Unidade 3: A propiedade do corpo
14 de febreiro – Sesión virtual 4
Semana 5 – Unidade 4: A violencia documentada
Semana 6 – Semana de estudo autónomo
28 de febreiro – Sesión virtual 5
Semana 7 & 8 – Aceso libre (ata o 14 de marzo)
CURSOS ATUAIS

Metodoloxía: Cada sesión constará dun encontro virtual, onde se introducirá o tema do mes, cunha parte teórica e práctica, e unha parte de troca de opinións e experiencias; e dunha unidade didática específica, accesibel na plataforma ffotoeduca, coa que podereis traballar á vontade durante as 4 semanas ata a seguinte sesión.
O traballo será independente mas coa asistencia da formadora se precisar.
PROGRAMA
Os cafés virtuais serán os seguintes domingos de 18:00 a 20:00 via zoom:
Sesión 1: As pioneiras da fotografía na Galiza – Café Virtual o 11 de outubro 2020
Coñecer algunhas das mulleres que fixeron da fotografía a súa profesión durante finais do século XIX e inicio do século XX na Galiza.
Sesión 2: As mulleres fotográfanse – Café Virtual o 8 de novembro 2020
Veremos o traballo de diferentes fotógrafas utilizándose a si propias como suxeitos visuais.
Sesión 3: Facendo click á violencia machista – Café Virtual o 13 de decembro 2020
Unha sesión especial na que trataremos con cuidado narrativas fotográficas que exploran a violencia contra as mulleres.
Sesión 4: Fin de curso – Café Virtual o 10 de xaneiro 2021
Espazo final de revisión das 3 propostas temáticas e visionado dos traballos das alunas.
Esta proposta é deseñada especificamente para identidades de mulleres.
Prezo: 40€ por todas as sesións / 15€ por sesión
O curso completo inclúe 4 encontros virtuais + 3 unidades didácticas + apoio da formadora.
As sesións individuais inclúen 1 encontro virtual inicial + 1 unidade didáctica + apoio da formadora, pero sen feedback grupal.
CURSOS FINALIZADOS